búsqueda avanzada

MÁS VENDIDOS

PREVENTAS

NTVA422. FORA DE SI (G)

NTVA422. FORA DE SI (G)

TORO,SUSO DE

Editorial:
XERAIS
Materia
NARRATIVA GALEGO
Colección:
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9121-314-7
EAN:
978849121314
Nº Páginas:
224
18,95

Referencia bibliográfica

Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas que pasaron polas súas mans e, tamén, algunha morte recente. Está atravesando un momento profesional moi humillante e semella que tamén se atopa confuso coa súa situación persoal. Acaba de armar unha boa lea no hospital, a súa vida muda radicalmente e precisa da axuda urxente dun psicoterapeuta. O seu caso ten moito que ver coas relacións filiais e os conflitos coa autoridade e supón unha enorme carga moral nun momento en que rompe con todo o que o rodea. A de Ricardo Marzoa é, sen dúbida, unha historia conflitiva e chea de intriga que merece ser contada. Suso de Toro ofrece en " Fóra de si " unha narración memorable e sen concesións arredor da identidade familiar, da perda e da culpa, continuando a liña iniciada en obras fundamentais no seu catálogo como " Calzados Lola " , " A sombra cazadora " , " Home sen nome " ou " Sete palabras " . A agardada volta á novela dun clásico do noso tempo.

Artículos relacionados